publicidade hoxe

Extraordinarias expectativas para o comezo do Entroido en Arzúa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaArzúa
A-
A+

Os disfraces e a música serán os protagonistas desta fin de semana en Arzúa. O Departamento de Cultura do concelloorganiza para os vindeirosdousdíasdúas das actividades da programación do Entroido 2014.

O pistoletazo de saída da programación entroideiraterá lugar mañá sábadocoa Cea-Baile. Será ásdez e media da noite no Recinto Feiral “Terra do Queixo” cun menú a base de sopa de cocido, cocido, filloas, bebida e café. Haberá baile abertoco dúo musical “Máster” ata altas horas da madrugada. A cita gastronómica contará con máis de cen asistentes. Esta actividade está organizada polaAsociación Festa da Gaita Galega en colaboración co Concello de Arzúa.

Naxornada do domingo,Arzúaacollerádende as cinco da tarde o desfile do Concurso de Disfraces que sairá do recinto feiral, percorrerá as rúas Fraga do Rei, Ramón Franco, Praza de Galiza, Lugo e Padre Pardo para rematar de novo no recinto coas actuacións e coa entrega dos premios que ascenden a dous mil euros repartidos entre as catro modalidades (comparsas, grupos, individual infantil e individual adulto).A falta de pechar a inscrición, xa confirmaron máis de vinte grupos participantes. Os que non se apuntaron,aínda o poderánfacerdende as  15:30 a 16:30 horas do domingo. A tarde estará amenizada pola Charanga “Tralla”.

A festacompletarase o martes de Entroidocunha chocolatada e baile pola tarde.

O alcalde, José Luís García,anima a todos os veciños e veciñas a “saír á rúa esta fin de semana para celebrar unha das festas con máis arraigo no noso país”, aomesmo tempo agradece a boa acollida “desta iniciativa na que xahai inscritos máis grupos participantes que en calquera das edicions anteriores, o que é un síntoma claro de que estamos facendo un botraballoxa que incluso se achegará a Arzúaxentedoutrosconcellos da comarca e de fóra”.

21 de febreiro de 2014 | 10:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.