Exposicións “De nómades a sedentarios” e “Natural” e concerto de música de cámara en Ourense

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOurense
A-
A+

A partir de mañá xoves, dúas recomendables exposicións organizadas polo Concello de Ourense inaugúranse na cidade. A primeira comezará ás 13 h na Alameda do Concello, e trátase dunha mostra sobre o Neolítico. De nómades a sedentarios busca achegarnos a formas artísticas, económicas, tecnolóxicas, culturais e rituais das primeiras comunidades neolíticas. Abarca un período de entre 13.000 e 5.000 anos, desde os últimos cazadores ata as primeiras sociedades urbanas. Está promovida pola Obra Social La Caixa, e poderase visitar ata o 6 de marzo. 

Xa pola tarde, o Museo Municipal acolle a inauguración da exposición Natural de Jorge Adrados. Ata o 3 de marzo poderase visitar a obra deste artista con grande compromiso intelectual, que roza en ocasión so expresionismo abstracto e unha serie de correntes de vangarda achegándose a un realismo capitalista como satirizaban artistas como Sigmar Polke ou Richter.

A maiores desto mañá, como cada primeiro xoves de mes, ten cita outra importante actividade organizada pola concellería de Cultura, o ciclo de música Enclave de Cámara. Mañá cunha actuación da man do Trío d´Argent, agrupación de frautas procedente de Francia. Será á hora habitual – 20.30 h – no Teatro Principal.

5 de febreiro de 2014 | 13:52 • Sen comentarios

Comentarios pechados.