Exposición do Fondo Galego de Solidariedade na Guarda
Os centro educativos de secundaria CEIP A Sangriña, o colexio San Jose e o colexio Pais Somascos acollerán dende mediados deste mes ata mediados de marzo unha exposición do Fondo Galego de Solidariedade chamada “Influir no global dende o local”. A exposición, que consta de doce paneis informativos, rotará entre os centro educativos da vila durante trinta días aproximadamente. Os paneis contan ademais cunha unidade didáctica coa que os alumnos dos centro poderán traballar e interactuar.
A iniciativa parte da Oficina Municipal de Información Xuvenil en colaboración co Fondo Galego de Solidariedade.











