Excelente papel dos deportistas cangueses no Campionato Galego de Promesas de Taekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+
Proba do Campionato de Taekwondo

Proba do Campionato de Taekwondo

Cangas acolleu esta fin de semana o Campionato Galego de Promesas de Taekwondo organizado polo club cangués Sares-TKD Cangas baixo a supervisión da Federación Galega de Taekwondo e coa colaboración da Fundación Cangas Deporte e o Concello de Cangas. O evento, que tivo lugar o sábado no pavillón municipal do Gatañal contou coa participación de 360 deportistas chegados de toda Galicia.

A competición comezou ás 10.00 horas cos combates das categorías cadete e júnior celebrándose a partir das 16.00 horas os enfrontamentos das categorías sénior e veteráns.

O concelleiro de Deportes Francisco J. Soliño estivo seguindo o desenvolvemento do campionato ao longo de toda xornada. Soliño amosouse moi satisfeito coa alta participación da cita deportiva así como do numeroso público que achegouse as instalacións municipais para seguir de primeira man os distintos enfrontamentos. 

Tamén foi moi destacable o papel realizado polos representantes cangueses, 27 deportistas en total, do Club Seares- TDK Cangas que pecharon o campionato autonómico cun excelente papel. Entre eles destacan:

CADETE

Carlos Raúl Valladares (peso minimosca) Bronce

Mario Caeiro (peso mosca) Bronce

Manuel Graña (peso semimedio) Bronce

Brais Guardado (peso semipesado) Prata

Feminino:

Lidia Outeiral (peso superlixeiro) Prata

Iria Alonso (peso semimedio) Bronce

María Chapela (peso semipesado) Bronce

JUNIOR

Saúl Fernández (peso gallo) Bronce

Rubén Pereira (peso pluma) Prata

Pablo Castro (peso semimedio) Prata

Feminino:

María Ignacio (peso lixeiro) Prata

Raquel Iglesias (peso superlixeiro) Bronce

SENIOR

Raúl Drum (peso gallo) Oro

Hai que salientar que o Taekwondo conta con moito seguimento na vila de Cangas con case 200 nenos e nenas que practican este deporte a través das escolas deportivas municipais.

22 de febreiro de 2014 | 23:28 • Sen comentarios

Comentarios pechados.