Eurofund e os Empresarios de Hostalaría de Pontevedra colaborarán para atraer visitantes a Vigo
Eurofund Investments e a Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra –FEPROHOS- ofrecerán mañá mércores, ás 11:00 h. e na Sala Arquitecto Palacios do Círculo de Empresarios-Club Financeiro de Vigo -García Barbón, 62-, unha rolda de prensa para presentar o convenio de colaboración alcanzado entre ambas as entidades, e que levará a termo no caso de que o grupo investidor resulte adxudicatario do desenvolvemento do ámbito de Liñeiriños contemplado no Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Vigo.
A rolda de prensa contará coa presenza do director xeral de Eurofund Investments, Ian Sandford; o conselleiro da Compañía, Salvador Arenere; e o presidente da Federación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Pontevedra, César Ballesteros.











