Estudantes franceses visitan o Concello de Tomiño dentro dun intercambio co ies local

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTomiño
A-
A+
Os estudantes franceses ante o Consistorio

Os estudantes franceses ante o Consistorio

Unha delegación francesa formada por alumnado e profesores de 3º e 4º da ESO, do instituto Collège Noutre Damme de la Tourtelière (Pouzanges. La Vandee) da rexión do Val de Loira, foi recibida esta semana no Concello, pola alcaldesa de Tomiño, Sandra González, quen desexou unha feliz estancia e lles explicou as principais características do municipio, salientando a súas paisaxes, co río Miño coma protagonista, os viveiros de planta ornamental, a produción de kiwi, vid, etc.

Os escolares participan nun programa de intercambio organizado polo departamento de Francés do IES tomiñés, a través do cal o alumnado acolle na súa casa a un mozo ou moza francés durante unha semana, ademais de participar nunha serie de actos e visitas que posibilitan a interacción entre os estudantes.

A delegación francesa chegou a Tomiño o día 22 de febreiro e quedarase ata o 28 do mesmo mes, mentres que a tomiñesa, viaxará a Francia entre o 4 e o 14 de abril, pasando tres días en París.

27 de febreiro de 2014 | 20:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.