Entroido para maiores en Culleredo
Os maiores cullerdenses gozarán do Entroido o venres 28, a partir do cinco da tarde no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Competirán en concursos de disfraces e de sobremesas, ademais de pasar a tarde con música e baile.
Para facilitar a asistencia, o Concello disporá de servizo de autobuses, que sairán de Castelo e Boedo ás 16.00 horas pasando polo resto de parroquias. A festa para maiores terá tamén un compoñente solidario: os participantes achegarán como entrada produtos de hixiene persoal (xel, champú, cepillos e pasta de dentes…) destinados ás familias con necesidade do municipio.
Contacontos coa dragona Ramona: Rapunzel.
Biblioteca González Garcés do Burgo. 18.30 h.
A partir de 3 anos. Só entran vos nenos, sen pais
Audición didáctica de trompeta con alumnos/as do profesor Jorge Manuel Ferreira Bellón.
Entrada libre.
Auditorio Gustav Mahler do Conservatorio. 18.30 h.