Entroido no municipal con entrada gratuita para os disfrazados e posibilidade de gañar premios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+

O Entroido 2014 está xa ao virar a esquina e como en anteriores ocasións cando coinciden os Entroidos con partido de fútbol sala en Lugo, a Fundación Azkar organiza un concurso de disfraces de cara ao partido que o Azkar Lugo FS disputará este sábado (18:00 horas – Palacio Municipal dos Deportes de Lugo) ante o Umacón Zaragoza dentro da 23ª xornada de liga.

Todo o público que acuda disfrazado ao partido, xa só por iso, poderá retirar en taquilla unha entrada para ver o partido de forma gratuita (en caso de non utilizala ao ser socio, poderá entregarlla a un acompañante). Ademais todos os afeccionados que acudan co seu disfraz ao encontro poderán participar no desfile que se organizará no descanso do mesmo. Non existe límite de idade, nin categorías, só que a xente o páse en grande durante uns minutos. Teranse en conta iso si todo tipo de detalles nos seus traxes e o seu particular show ao desfilar.

Estes serán os premios:

1º premio:
– Abono adulto para a tempada 14/15 do Azkar Lugo FS + merchandising do club.

2º premio:
– Un vale para dúas persoas para poder acudir de forma gratuita durante un mes ao Ximnasio do Centro Deportivo Terra + merchandising do club.

3º premio:
– Merchandising do club.

25 de febreiro de 2014 | 12:57 • Sen comentarios

Comentarios pechados.