publicidade hoxe

Entroido 2014 en Pontecesures

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPontecesures
A-
A+

O Concello de Pontecesures invita a maiores e pequenos a participar no Concurso de Disfraces que terá lugar o domingo 2 de marzo de 2014. As 16.30 horas todos os participantes deberán estar na rúa Portarraxoi (esquina Rúa Ullán), dende onde sairá ás 17.30 h. o Desfile de Entroido, que pasará pola rúa San Lois, Travesía da Estación, rúa Rosalía de Castro, rúa Sagasta e rematará na Prazuela.

O Xurado acompañará o desfile para ter tempo de valorar ós participantes. O percorrido poderá sufrir modificacións, notificándollo antes da saída ós participantes.

En caso de choiva o Desfile e Concurso de Entroido trasladarase ao Pavillón Municipal de Deportes.

Bases:

 As inscricións de grupos poderán realizarse ata as 14.00 horas do venres 28 de febreiro nas Oficinas do Concello. O resto de participantes poderá anotarse tamén no mesmo día do concurso, das 16 h. ata as 17 h. A partir das 17 h. péchase o prazo de inscrición.

Este ano o Concello de Pontecesures repartirá un total de 1.290 € en premios. O grupo ou comparsa gañadora levará un premio de 400 €.

Adxúntanse as bases do desfile e o cartel do ENTROIDO 2014 PONTECESURES.

13 de febreiro de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.