Empresarios e profesionais da cociña valoran a xestión dun Espazo Gastronómico no Mercado de Abastos de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

Cociñeiros e empresarios, membros do Grupo Nove, Galicia Gourmand, Xantares e Gallaecia, valoraron moi positivamente e defenderon o proxecto de Hostelería Compostela para a xestión da nave 5 do Mercado de Abastos e a creación dun Espazo Gastronómico, pola súa importancia para a consolidación de Santiago e Comarca como destino de turismo gastronómico a nivel nacional e internacional e para a proxección exterior da gastronomía de Galicia.    

Manuel García, membro da Directiva do Grupo Nove e propietario do Retiro da Costiña, un establecemento que conta cunha estrela Michelín, e Pepe Mata, presidente do Grupo Galicia Gourmand, propietario do Mesón de Lázaro, coincidiron en valorar o proxecto de Hostelería Compostela como unha oportunidade histórica para a proxección exterior da gastronomía de Galicia e para a consolidación de Santiago e Comarca como destino de turismo gastronómico nacional e internacional, fronte a un “proxecto de facer oito locais de tapas nun espazo de titularidade municipal, que non aportaría nada novo a nivel colectivo nin social e que non supón ningún valor engadido nin para Galicia nin para Compostela nin para a gastronomía de Galicia, por iso apoiamos decididamente a proposta de Hostelería Compostela, como a mellor para Santiago e Comarca e para toda Galicia, porque confiamos plenamente no seu enfoque novedoso e na súa viabilidade económica ”, aseguraron en rolda de prensa.

3 de febreiro de 2014 | 19:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.