Dous kilómetros máis de rede de saneamento dotarán de servizo a 30 familias de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMos
A-
A+

O Concello de Mos está a ser beneficiario dun proxecto para dotar de servizo de saneamento a varias zonas en tres das dez parroquias mosenses: Petelos, Cela e Mos. A inversión total deste proxecto, financiado pola Deputación de Pontevedra, ascende a160.000 euros.

Os traballos que se están a cometer actualmente dentro deste plan de dotación de saneamento son de acometida da rede de alcantarillado nos lugares de Cantín e Gándara, parroquia de Mos. Traballos que precisamente esta mañá visitaban a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Saneamento e Abastecemento, Camilo Augusto; para comprobar de primeira man o óptimo desenvolvemento das obras que, se estima, estarán rematadas nun prazo aproximado de dúas semanas.

Segundo informou hoxe o edil Camilo Augusto durante a visita ós traballos postos e marcha na parroquia de Mos “esta obra, que dotará de servizo de saneamento a unhas 30 vivendas das zonas de Cantín e Gándara, conta cun orzamento que ascende ós preto de 50.000 euros e que permite a execución, entre os dous lugares beneficiarios, de ó redor de 2 kilómetros de extensión de nova rede de alcantarillado”.

Como xa se dixo, este gran proxecto de saneamento que suporá unha inversión no municipio mosense de 160.000 euros, contempla tamén actuacións noutras parroquias ademais da de Mos, tales coma Cela e Petelos; algunhas de ditas actuacións atópanse xa executadas e outras levaranse a cabo a continuación.

“Proxectos de envergadura coma este que se está a acometer”, explicaba Augusto esta mañá, “achégannos cada vez máis a cumplir o compromiso do equipo de goberno local de acadar o saneamento integral para o Concello de Mos, meta que se atopa xa moi preto e que nos enorgullece pooder ter logrado”.

25 de febreiro de 2014 | 19:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.