Dodro aumenta o horario do departamento de urbanismo
O Concello de Dodro tomará a partir de marzo as medidas necesarias para adaptarse á lei de emprendemento, publicada en decembro de 2013 e que conleva notables modificacións na xestión urbanística. Así, e dacordo ca lei, para comenzar as obras menores bastará a comunicación previa por parte do promotor, e a supervisión e control das obras agora recaerá directamente sobre a administración municipal, e que antes facía a APLU. Para desempeñar estas funcións, o concello de Dodro vai ampliar o horario do servizo urbanístico ata as 21 horas semanais dacordo co máximo legal que permite a contratación existente. O goberno actual xa incrementara o horario das 4 horas semanais que viña mantendo o goberno PSOE-BNG ata as 15 horas actuais, aínda que mantuvo o mesmo coste mensual de 1.500 euros mensuais que pagaba o goberno bipartito, convertíndose nun dos concellos con maior número de horas de atención ao público e cun custe máis baixo. A pesar deso, as necesidades actuais e a demanda cada vez maior de información e xestións por parte dos veciños de Dodro, fan necesario a existencia dun horario de atención normal, tal e como existe noutros concellos. Segundo o alcalde de Dodro, “é absolutamente necesario que a administración sexa áxil e non sexa un obstáculo para o desenrolo da actividade económica. Pasamos dun retraso de ata 2 anos na lexislatura anterior, a 1 mes na actualidade, e iso debe ser absolutamente compatible co cumprimento da normativa urbanística. Non se pode enganar aos veciños e condenalos a unha denuncia e ao derribo de obras co conseguinte prexuízo económico.A experiencia do noso Concello é o suficientemente importante como para evitar calquer tipo de ilegalidade. Debemos asesorar aos veciños no cumprimento da lei e non apoialos para que a incumpran”.