Dezaseis veciños de Oroso participaron nun curso de habilidades sociais na busca de emprego

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaOroso
A-
A+
Algúns dos alumnos na recollida de diplomas

Algúns dos alumnos na recollida de diplomas

Un total de Dezaseis veciños e veciñas participaron nun curso de habilidades sociais na busca de emprego de 16 horas lectivas organizado polo Concello de Oroso, dentro de seu programa Emprega Oroso. Un curso cuxos diplomas de asistencia foron entregados polo concelleiro de Ensino, Antonio Leira, nun acto celebrado no salón de actos do centro cultural de Sigüeiro.

Antonio Leira explicou que “con ese tipo de cursos pretendemos ampliar as posibilidades de inserción laboral dos alumnos xa que cando unha persoa busca traballo, normalmente faino utilizando como instrumento a palabra, xa sexa escrita ou falada. Por iso a comunicación e as súas habilidades sociais son esenciais para este fin”. Por iso, o curso incluíu unha parte dedicada a coñecer que é a comunicación, a importancia da linguaxe non verbal, como iniciar ou manter unha conversa, como recibir ou facer críticas…

A maiores, os alumnos e alumnas coñeceron os instrumentos básicos na busca de emprego (currículo vitae, carta de presentación… ), así como os métodos para a súa busca (ofertas en xornais, bolsas de traballo, páxinas web… que no caso do Concello de Oroso xa teñen dispoñible a través de servizos como Emprega Oroso).

4 de febreiro de 2014 | 12:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.