Deteñen en Cangas a tres veciños de Bueu como supostos autores dun delito de tráfico de estupefacientes

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuCangasSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a O.C.F., de 37 anos de idade, a M.A.S., de 38 anos e a JM.AR., de 24, o tres veciños de Bueu, como suposto autores dun delito contra a saúde pública, tráfico de drogas a pequena escala.

Dentro do marco das actuacións que a Garda Civil vén realizando para a erradicación do tráfico de estupefacientes a pequena escala, investigacións levadas a cabo por compoñentes do Posto Principal da Garda Civil de Cangas de Morrazo deron como resultado a detención, o pasado día 11, de O.C.F., que foi sorprendido cando procedía á venda de heroína ao condutor dun vehículo estacionado na vía pública.

Despois de realizar un rexistro no seu domicilio incautáronselle catorce dose de heroína así como útiles para a preparación das doses para a súa venda como unha báscula de precisión, tesoiras, coitelo e plástico.

Así mesmo e dentro do marco destas actuacións, onte día 12 procedeuse á detención dos outros dous, despois das investigacións que viñan realizado para a erradicación dun punto de venda a pequena escala que fornecía a toxicómanos  de Cangas, Bueu e Moaña.

Estas dúas persoas dedicábanse á venda de cocaína  e no momento da súa detención  incautóuselles oito  doses preparadas para a súa venda, facendo entrega, voluntariamente,  os utensilios para a preparación das doses.

Os detidos, que contan con antecedentes excepto JM.AR., quedaron en liberdade coa obrigación de presentarse nos Xulgados de Instrución de Cangas cando para iso sexan requiridos.

13 de febreiro de 2014 | 18:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.