Desviados catro voos e cancelado outro por non poder aterrar no Aeroporto de Santiago polo vento

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesos
A-
A+
E.P.

O forte vento que se rexistra este venres en Santiago de Compostela obrigou a desviar catro voos a Oporto (Portugal) e Asturias e a cancelar outro ao non poder aterrar no aeroporto compostelano de Lavacolla.

   Segundo informaron a Europa Press fontes de Aena, nas primeiras horas deste venres foi cancelado o voo de Air Nostrum Bilbao-Santiago das 8,30 horas.

   Pola súa banda, o Ryanair Madrid-Santiago das 7,30 e o Barcelona-Santiago das 8,10 horas foron desviados ao aeroporto de Oporto ao non poder aterrar en Lavacolla.

   Tamén foi desviado a Asturias o voo da compañía Vueling das 8,30 horas procedente de Barcelona e o Ryanair Valencia-Santiago das 8,40 horas a Oporto.

   Este venres Galicia está en alerta debido a unha borrasca moi profunda que deixará ventos fortes en toda a comunidade con momentos superiores aos 100 quilómetros por hora nas horas centrais do día.

14 de febreiro de 2014 | 11:17 • Sen comentarios

Comentarios pechados.