Depor e Concello da Coruña pon en marcha un calendario de reunións para fixar obxectivos comúns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal Portada
A-
A+
Negreira no encontro coa directiva do Depor

Negreira no encontro coa directiva do Depor

O Alcalde da Coruña, Carlos Negreira, recibiu esta mañá á nova xunta directiva do Real Club Deportivo, encabezada polo seu presidente, Tino Fernández. Ao encontro tamén asistiu o concelleiro de Deportes, Francisco Mourelo.  “Querémonos sumar ao apoio masivo que recibiu esta nova xunta directiva para conseguir que o Dépor volva xogar en 1ª División e para que a parte económica quede resolta de forma definitiva e decidida”, manifestou o rexedor quen anunciou que a de hoxe na primeira dunha serie de reunións periódicas.

Tal e como informou Carlos Negreira, ao longo do encontro tratáronse diferentes temas como o arranxo da cuberta do estadio ou a revitalización do Trofeo Teresa Herrera: “O arranxo da cuberta é un tema que nos preocupa e que, por fin, imos culminar. Esperamos poder estar en obras no último trimestre deste ano, de forma que os traballos compásense ao ritmo deportivo”, explicou e engadiu que o Concello investirá un total de 3,2 millóns de euros nesta actuación.

O alcalde tamén avanzou que Goberno local e club colaborarán co obxectivo de “recuperar o esplendor do Trofeo Teresa Herrera”. Neste sentido asegurou que se pretende fixar como data do evento deportivo o terceiro fin de semana de agosto e conseguir que este torneo emblemático volva ser unha cita indispensable do calendario social e cultural da cidade: “Darémoslle a publicidade adecuada para lograr o mellor resultado económico e deportivo posible”, asegurou.

Negreira subliñou que o Deportivo é unha “peza fundamental dentro do esquema da cidade” e, por este motivo, Concello e club manterán reunións periódicas cada dous meses.

Tino Fernández, pola súa banda, destacou a importancia do Deportivo como axente económico, social e deportivo da Coruña e sinalou que esta liña de diálogo periódico que se abre será en beneficio mutuo, tanto do club e os seus afeccionados como da cidade.

10 de febreiro de 2014 | 15:29 • Sen comentarios

Comentarios pechados.