Cursos preparatorios nos concellos das probas dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarral
A-
A+

A Xunta de Galicia acaba de anunciar a próxima realización de cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, 2, 3 e 4 entre os meses de abril e maio.

Para que os Concellos poidan presentar as súas demandas de formación débese contar polo menos con 20 persoas preinscritas para cada nivel. De non acadar o mínimo de preinscricións necesarias barallarase a posibilidade de agruparse con outros Concellos da volta e solicitar os cursos preparativos xuntos.

Para maior información ou para preinscribirse nalgún dos cursos preparatorios poden dirixirse ao servizo de normalización lingüística do Concello de Carral (Casa do Concello) ou no 981670002.

Todos os datos no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística www.xunta.es/linguagalega.

13 de febreiro de 2014 | 20:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.