Cursos preparatorios de galego Celga 4 e Celga 2 en Palas de Rei

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPalas de Rei
A-
A+

O Servizo de Normalización Lingüística dos Concellos Agrupados de Melide, Palas de Rei, Toques e Santiso está a organizar e xestionar dous cursos de galego: un Celga 4 e un Celga 2 que terán lugar durante os meses de abril e maio. Trátase de cursos preparatorios da lingua galega  totalmente gratuítos.  Todas aquelas persoas  que desexen facelos poden inscribirse en calquera dos concellos arriba mencionados. A data de finalización da inscrición é o 24 de febreiro. Para máis información, porse en contacto co técnico de normalización lingüística dos concellos agrupados no teléfono 981505003. 

18 de febreiro de 2014 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.