publicidade hoxe

Cursos de administración electrónica e de iniciación á informática en Ponteceso

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPonteceso
A-
A+

O Concello de Ponteceso inicia un curso de administración electrónica. O acto formativo terá lugar na aula municipal de informática  de Ponteceso (centro cultural).

Dará comezo o  luns 17 de febreiro de 2014 e consta de 30 h. de duración, impartíndose as clases os luns  e mércores de 16:00 a 17:30h.

O prazo de inscrición será do 3 ao 12 de febreiro ou ata esgotar prazas.

Curso de iniciación á informática

Por outra banda, a aula municipal de informática  de Corme acollerá un curso de iniciación á informática que dará comezo o  martes 18 de febreiro de 2014, constará tamén de 30 horas de duración e impartirase os martes e venres de 15:30h-17:00h

O prazo de inscrición será do 3 ao 12 de febreiro ou ata esgotar prazas.

Para formalizar a matrícula de calquera dos dous cursos, os interesados poderá acudir ao departamento de informática do Concello de Ponteceso, 981 71 40 00 (ext.18),  na aula municipal de informática (centro cultural) 981-715442 (ext.12), ou na oficina municipal de Corme 981 73 84 28

1 de febreiro de 2014 | 11:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.