Curso de inglés para desempregados
O Concello de Nigrán, na nova programación de accións formativas para os veciños, ten prevista a realización no mes de marzo dun curso de inglés, dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio para dotalas de ferramentas lingüísticas básicas de comunicación neste idioma, desenvolvéndose en situacións reais de comunicación, aspectos básicos actualmente para mellorar o perfil profesional cara á busca de emprego.
Este curso, que se impartirá nas instalacións municipais do Centro Antena Municipal (Rúa Otero Pedrayo, 52), se desenvolverá do 10 de marzo ao 4 de abril, de luns a venres, en horario de 9.00 a 14.00, estando aberto o prazo de inscricións do 19 de febreiro ao 1 de marzo.
As persoas interesadas en participar, terán que presentar a súa solicitude no Rexistro Municipal, cubrindo unha instancia que estará a súa disposición no propio Rexistro, no Centro Antena Municipal e no Departamento de Emprego de Nigrán, xunto coa documentación que nela se especifica.
Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986 366 572 e co Departamento de Emprego, no 986 365 000, ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org, orlaboral@nigran e tle.nigran@nigran.org.











