Curso de carretilleiro en Nigrán

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNigrán
A-
A+

O Concello de Nigrán, a través  da concellería de Promoción Empresarial, Emprego e Comercio do Concello de Nigrán, ten prevista a realización dun curso de “conductor de carretas elevadoras”, de 20 horas de duración e gratuíto, dirixido prioritariamente a todas as persoas desempregadas e empadroadas no noso municipio que queiran obter esta titulación como complemento e reforzo do seu CV á hora de mellorar as espectativas laborais na súa busca de emprego.

A formación teórica impartirase nas instalacións municipais do Centro Antena (Rúa Otero Pedrayo, número 52), o día 24 de marzo, de 9.00 ás 14.00 horas, mentres que as clases prácticas se desenvolverán na Avenida Alcalde Lavadores, número 171, os días 25, 26, e 27 de marzo, no mesmo horario.

O prazo de inscrición estará aberto do 3 ao 8 de marzo, no horario habitual de rexistro, presentando copia do DNI, un CV actualizado e cubrindo a instancia que estará á súa disposición no Centro Antena Municipal, no Departamento de Emprego e na páxina web.

Para ampliar esta información, as persoas interesadas poden contactar co Centro Antena no teléfono 986 366 572 e co Departamento de Emprego, no 986 365 000, extensión 4,  ou formular as súas preguntas a través dos correos electrónicos centroantena@nigran.org e tle.nigran@nigran.org.

28 de febreiro de 2014 | 18:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.