Curso cociña tracional versus cociña contemporánea en Pontevedra
A Concellería de Benestar Social Municipal do Concello de Pontevedra, a través da programación da Casazul, levará a cabo un curso de cociña denominado “Cociña tradicional versus cociña contemporánea”. O curso levarase a cabo os martes e mércores, do 18 de marzo ao 16 de abril, na Sala Valdecorvos en horario de 10.00 a 13.00 horas, e a cota de participación é de balde. Para acceder cómpre entregar a ficha de inscripción os días 24 e 25 de febreiro no despacho 32 da Casazul, zona 3, en horario de 10.00 a 13.00 ou ben por email en casazul@pontevedra.eu A ficha de inscrición pódese atopar na Casazul ou no Chalé de Fontoira. Xunto coa ficha de inscripción compre entregar nota xustificativa de padrón no Concello de Pontevedra, fotocopia documento de identidade e declaración xurada. Terase en conta a situación laboral e persoal dos/as interesados/as polo que poden aportar documentación como tarxeta de demandante de emprego, prestación social , usuaria do CIM, usuario de Benestar Social Municipal, menores a cargo ou discapacidade.











