publicidade hoxe

Culleredo promove técnicas de negociación cos bancos para lograr aforros

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCulleredoLocal Portada
A-
A+

O Concello de Culleredo traballa para apoiar aos veciños que teñen maiores dificultades económicas nos momentos actuais. Neste caso, o equipo de goberno promoverá accións para lograr aforros nos servizos bancarios aos veciños.

A Concellaría de Sanidade organiza, xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE), un taller de servizos bancarios básicos para receptores de prestacións sociais. Terá lugar mañá, xoves 6 de febreiro, no Pazo de Vila Melania de Vilaboa, ás 19.00 horas.

A xornada será impartida por Verónica Pazos, técnica de consumo da asociación. O acceso é aberto e gratuíto, aínda que prioritariamente vai dirixida a persoas que perciben prestacións por desemprego, rendas activas de inserción, pensións non contributivas, ou renda galega de inserción.

A actividade, que se enmarca no convenio de colaboración que o Concello ten con ADICAE desde o ano 2013, ten como finalidade proporcionar estratexias e pautas na negociación coas entidades bancarias para a exención de comisións e obrigacións por ter ingresos de carácter periódico, aínda que teñan un intervalo temporal.

A concelleira de Sanidade, Penélope López, apunta que moitas familias non saben como negociar este tipo de contratos, o que levou ao goberno municipal e ADICAE a programar esta formación. “É posible aforrar uns custos importantes para a economía doméstica”, afirma, polo que anima aos veciños a acudir.

 

5 de febreiro de 2014 | 13:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.