Corte de tráfico na rúa Atalaia de Santiago
Por mor das obras de reparación do enlousado quedará pechado ao tráfico o último tramo da rúa Atalaia, ata a Algalia de Arriba. Os residentes terán que entrar e saír por Porta da Pena. O corte comezará o xoves 20 de febreiro e prolongarase ata o 14 de marzo.
O Concello de Santiago de Compostela prega aos cidadáns desculpen as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.











