Continúa a busca do xubilado de 78 anos desaparecido en Vigo o 4 de febreiro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSucesosVigo
A-
A+
E.P.

Continúa a busca do xubilado de 78 anos Delfín Casas, que desapareceu o pasado 4 de febreiro cando saíu sen avisar da súa casa de Vigo.

Segundo explicou a súa esposa Carmen, Delfín saíu sobre as 15.45 horas do pasado martes da vivenda na que residen xuntos, nas inmediacións da Praia de Samil. Así, sinalou que saíu sen avisar, algo que “é costume” nel.

O home mide 1,60 metros, ten o pelo moreno con canas e ía vestido con pantalóns de chuvasqueiro e chaqueta negros. Ademais, cando saíu levaba lentes, unha das súas boinas e levou un paraugas.

Tal e como trasladou, Delfín nunca abandonara a súa casa tanto tempo, polo que se está a investigar a súa desaparición e a súa familia pide que, se alguén ten algunha pista ou o viu, se poña en contacto coa Policía.

13 de febreiro de 2014 | 10:50 • Sen comentarios

Comentarios pechados.