Conde destaca a aposta de Gadisa polo emprego e polo crecemento de Galicia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBetanzosLocal Portada
A-
A+
Conde na visita a Gadisa

Conde na visita a Gadisa

O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe a “aposta polo emprego e polo crecemento, facendo país vinculado ao territorio” do Grupo Tojeiro e especialmente de Gadisa. Conde visitou o centro de distribución desta última compañía no polígono de Piadela, en Betanzos, e subliñou que nunha situación difícil, non só evitou reducións de plantilla senón que incrementou os seus empregados, superando os 6.300 postos de traballo.

Defendeu ademais o exemplo do Grupo Tojeiro como “un referente en España do que é a empresa familiar” e resaltou que, en Galicia, Tojeiro é sinónimo de emprendemento. Sinalou así mesmo a aposta pola innovación e a loxística no centro de distribución de Betanzos, e a continua apota de Gadisa por buscar a “diferenciación e a calidade do produto pensando sempre no consumidor”.

O conselleiro subliñou a ambición dos xestores por aproveitar as oportunidades para crecer pese ás dificultades, tendo en conta a diversificación do negocio do grupo en ámbitos tan distintos como a distribución, a loxística, a enerxía ou a madeira, con proxectos estratéxicos como a propia Gadisa ou o de Reganosa.

Neste senso, durante a visita remarcou que esa vontade de crecemento se ten traducido nun constante investimento e nunha sólida expansión noutros mercados fóra de Galicia, concretamente en comunidades como Castela León.

4 de febreiro de 2014 | 13:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.