Concurso de disfraces no partido entre Santiago Futsal e Colexios Areas Gran Canaria

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Este venres dispútase no Multiusos Fontes do Sar o partido entre Santiago Futsal e Colexios Areas Gran Canaria a partir das 21h, e coincidindo co Entroido, o club organiza unha gran festa animando a todos os seus afeccionados a acudir disfrazados ao encontro.

Así, todos aqueles que acudan ao partido disfrazados poderán degustar unhas ricas filloas típicas de Entroido que se repartirán no hall de entrada. Ademais, no descanso realizarase un concurso de disfraces e entregaranse un primeiro, un segundo e un terceiro premio aos mellores disfraces. O 1º será un vale de 100€ para gastar na Praza de Abastos, o 2º premio un cesto de gominolas de Pecados de Compostela e o terceiro unha televisión portátil. 

Ademais, durante o descanso realizaranse os habituais sorteos de Star Center e Hotel Oca Porta do Camiño.

Cabe lembrar, que desde a apertura de portas ás 20h, os máis pequenos poderán gozar cos inchables do Multixogo que estarán situados no hall de entrada, así como coa zona de entretemento Planeta Magic

As entradas para o partido xa están á venda nas oficinas do club aos prezos habituais de 10€ para adultos e 1€ para menores de 13 anos, sendo gratuíta para os nenos/as que acudan disfrazados. Ademais, os abonados poderán retirar até dúas entradas a 5€ cada unha (só en venda anticipada até o venres ás 14h).

 

25 de febreiro de 2014 | 14:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.