Concello e a Asociación de Comerciantes de Narón organizan un programa de charlas informativas dirixidas a autónomos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A Concellería de Xestión Orzamentaria e Promoción Económica de Narón, dirixida polo edil Pablo Villamar, en colaboración coa Asociación de Comerciantes de Narón (ACN), veñen de presentar o ‘Plan de Formación a Autónomos, PEMES e Pequeno Comercio de Narón 2014’.

Trátase dun programa formado por tres charlas informativas que se desenvolverán de xeito mensual no Pazo da Cultura de Narón, a partires das 20:45 horas. A entrada é de balde, e están dirixidas a comerciantes, autónomos e pequenos empresarios do municipio.

O calendario deste programa é o seguinte:

Xoves 20 de febreiro

Ultimas novidades nas normativas relativas á Seguridade Social e Facenda. Especial referencia ao IVE de caixa

Presentación: Pablo Villamar (Concelleiro de Promoción Económica de Narón) e Olga Ameneiro (presidenta da ACN).

Ponentes: Patricia Vilar (Avogada) e Manuel Rey (Economista).

Xoves 20 de marzo

Principios de xestión para  a pequena e mediana empresa

Presentación: Pablo Villamar (Concelleiro de Promoción Económica) e Olga Ameneiro (presidenta da ACN).

Ponentes: Patricia Vilar (Avogada) e Manuel Rey (Economista).

Xoves 10 de abril

A factura eléctrica: Qué pagamos? Posíbeis alternativas para pagar menos

Presentación: Olga Ameneiro, presidenta da ACN.

Ponentes: Xosé Manuel Golpe, técnico da FAEPAC (Fundación Axencia Enerxética Provincial de A Coruña) e  Pablo Villamar (Concelleiro de Promoción Económica).

Segundo explicou o edil de Promoción Económica e Xestión Orzamentaria, o Concello de Narón inicia estas charlas coa previsión de prolongalas o resto do ano. Pablo Villamar fixo un chamamento público ós profesionais ós que van dirixidas para a súa participación. Ademáis das conferencias propiamente ditas, incluirase unha rolda de preguntas que poderán facer os interesados en relación coa temática de cada charla.

O Concelleiro tamén agradeceu á Asociación de Comerciantes de Narón a súa colaboración neste proxecto. Por parte da ACN asistiu á rolda de prensa Eva Pena, directiva da entidade.

13 de febreiro de 2014 | 20:13 • Sen comentarios

Comentarios pechados.