Concello de Narón, Acuaes e Augas de Galicia asinarán un convenio para o saneamento do tramo entre O Cadaval e Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaLocal PortadaNarón
A-
A+

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asistiu no día de onte á reunión da Comisión de Seguimento das obras para a construción dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol. Nesta xuntanza constatouse que os traballos estanse a desenvolver a un ritmo axeitado, cumpríndose os prazos dos tramos que xa están aprobados. Ademáis foron presentadas as obras complementarias que están pendentes de realización, e que en conxunto supoñen un investimento de 18.481.060€, que supoñendo unha baixa dun 30% na licitación poderían presupostarse finalmente en algo menos de 13 millóns de euros.

As obras pendentes de realización son as seguintes:

-Obra Cadaval-Neda (Narón). Presuposto: 9.617.090€

-Obra Inxerto 1 (Narón-Ferrol). Presuposto: 4.622.014€

-Obra Inxerto 2 (Narón). Presuposto: 1.041.956€

-Obra O Porto (Ferrol). Presuposto: 3.200.000€

Na actualidade estes traballos están en fase de exposición pública e expropiación, segundo explicou o Alcalde de Narón. Unha vez que finalice este proceso, sacaranse a licitación co obxectivo de que estean rematados antes do 31 de decembro de 2015.

Cabe lembrar que a obra de O Cadaval-Neda foi proposta polo Concello de Narón como condición para aceptar o proxecto para a construción dos interceptores xerais da marxe dereita da ría de Ferrol,  posto que inicialmente non estaba contemplada. Respecto á do Inxerto 1, José Manuel Blanco explicou que contribuirá á depuración íntegra do Polígono de A Gándara, mentres que a do Inxerto 2 suporá un aliviadero do Río Inxerto dende A Solaina ata a Estrada de Castela.

Os traballos do tramo comprendido entre O Cadaval e Neda contémplanse nun protocolo asinado entre Acuaes (Aguas de las Cuencas de España), Augas de Galicia e o Concello de Narón, que haberá de ser transformado nun convenio para que os traballos estean concluídos a finais de 2015, tal e como indicou o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco.

26 de febreiro de 2014 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.