Concello de Allariz e comerciantes deciden cancelar o mercado de inverno previsto para a fin de semana

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaAllarizLocal Portada
A-
A+

Na rolda de prensa desenvolvida esta tarde, Cristina Cid, Concelleira de Promoción económica, Turismo e Comercio, así como o Presidente e representantes e membros da Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Allariz deron conta das razóns da cancelación da Mercado da oportunidade previsto para os días 8 e 9 de febreiro, ante a negativa da Xunta de Galicia a ceder o espazo.

Dende o pasado mes de decembro o Concello fixo diversas xestións para a celebración de dito evento e é o 31 de xaneiro cando se recibe escrito da Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria denegando o acceso ao pavillón multiusos do IES de Allariz, hoxe foi corroborada dende a Dirección de Centros en Santiago.

A Xefatura xustifica a negativa ao uso de dito pavillón por tres motivos:

– Esta é unha actividade lucrativa e non deportiva
– pavillón sufriu desperfectos na cuberta hai dous meses, aínda sen avaliar danos
– Concello posúe un pavillón para realizar o mercado

A Concelleira aclarou que en ditas instalacións se realizan actividades como o Nadal Parq, o recepción dos Reis Magos ou a Feira de Outono dende o ano 1993, ano na que asina un convenio de colaboración, sen incidencia algunha, e non se entende como é agora cando se denega a celebración de eventos máis alá do uso deportivo.

Concello e Comerciantes amosaron a súa indignación ante a negativa da Xefatura, feito que provoca un prexuízo económico, social e turístico para o noso Concello, dado que somentes quedan tres días para a data prevista de celebración. A negativa ao uso de pavillóns de titularidade da consellería de Educación, máis ala do ámbito deportivo prexudica a concellos pequenos, que contan con escasas ou ningunha instalación de usos múltiples para a celebración de eventos no seu territorio.

5 de febreiro de 2014 | 19:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.