Comunicado dos concelleiros de Tui, Dorinda Olga Montes Moldes e Manuel González Vázquez
Os concelleiros Dorinda Olga Montes Moldes e Manuel González Vázquez, tras a súa imputación por presuntas irregularidades no pago de varias facturas polo arranxo de vehículos do parque móbil municipal polo Xulgado de Instrucción nº2 de Tui, fan as seguintes puntualizacións:
-Respectamos o proceso en trámite e expresamos a nosa disposición absoluta a colaborar coa autoridade xudicial en aras de facilitar a investigación para que esta conclúa canto antes, en beneficio de todas as partes”.
-Sen menoscabo do anteriormente manifestado, indicamos que tamén usaremos todos os medios legais ao noso alcance para defender a nosa inocencia, xa que, inocentes é como nos proclamamos a día de hoxe.
-Consideramos que esta imputación e a colaboración que a autoridade xudicial nos solicita, non debe nin vai influír no desenvolvemento da actividade que desempeñamos á fronte dos departamentos que temos asignados no Concello de Tui.
-Agradecemos que, ata que non haxa unha sentenza xudicial firme sobre o caso, se preserve o noso dereito á presunción de inocencia.
-Temos informado da situación aos responsables municipais e provinciais do partido.











