Comezan en Pontevedra as II Xornadas sobre o entroido de Galiza
O Concello de Pontevedra inicia mañá a súa programación de entroido coas II Xornadas sobre o entroido de Galiza, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega, que se celebrarán na Casa das Campás. Esta programación na que haberá distintas conferencias sobre os entroidos de Galiza, irá acompañada dunha exposición que se poderá ver os dous días de 18.00 a 21.30 horas baixo o título “Entroido de Galiza”. A programación para mañá, 20 de febreiro, é a seguinte:
• 18.00 horas Apertura das xornadas
• 18.15 horas Xosé Anxo Rosales e Rafael Quintía: “Proxecto de recuperación do Entroido tradicional de Marcón”
• 19.00 horas Conferencia de Olimpio Arca: “Os Xenerais da Ulla”
– 19.30 horas Conferencia de Pablo Carpintero: “O son no Antroido tradicional galego”
– 20.15 horas Félix Castro e Miguel Losada: “Lembranza de Francisco Añel. In memorian”
– 20.45 horas Presentación das Actas das I Xornadas sobre o Entroido de Galiza
• 21.00 horas Mesa redonda e coloquio A programación do vernes, 21 de febreiro é:
• 18.00 horas Presentación dos relatores
• 18.15 horas Conferencia de Antonio Reigosa: “O Entroido enmascarado: A vida vence á morte”
• 19.00 horas Conferencia de José R. Núñez-Varela: “O Antroido das Mariñas dos Condes”
• 19.45 horas Carme Pernas: “Entroidos singulares da provincia de Lugo”
• 20.30 horas Mesa redonda e coloquio
A programación do entroido do Concello completarase esta semana co pasarrúas das Madamas e Galáns de Cobres previsto para o sábado a partir das 12.00 horas.











