Comezan as obras de mellora do pavimento dos viarios nas vivendas sindicais de Serantes
O concelleiro de Urbanismo, Infraestruturas e Contratación do Concello de Ferrol, Guillermo Evia Pérez, informou hoxe do inicio dos traballos de remate da pavimentación dos viarios nas vivendas sindicais de Serantes, despois de que a empresa adxudicataria dos mesmos –Obras y Viales de Galicia S.L. (Oviga)- confirmara esta mañá do arranque desta actuación que se lle adxudicou en Xunta de Goberno Local a mediados do pasado mes de decembro. Así o explicou o edil ferrolán, que sinalou que as obras inícianse unha completado o perceptivo plan de seguridade e saúde laboral.
O remate da pavimentación nas vivendas de Serantes é unha das demandas transmitidas pola entidade veciñal ao alcalde, Jose Manuel Rey Varela, con motivo do Plan de Barrios. Esta actuación de mellora da seguridade viaria consiste na realización de obras de pavimentación dos viarios nas vivendas sindicais de Serante ten un importe total de 115.000 euros (21% de IVE incluído).
Xunta de Goberno Local
Por outra banda, Evia Pérez, informou de que a Xunta de Goberno Local adxudicou hoxe a contratación da asistencia técnica para a aplicación da normativa sobre os deberes legais dos propietarios respecto ás condicións dos seus edicios. A empresa Eptisa Servicios de Ingeniería S.L., ocuparáse desta prestación por un importe total de 68.970 euros (21% de IVE incluído).
O titular das xestión e planificación urbanística do Concello de Ferrol apuntou que esta medida responde á necesidade de actualizar a ordenanza municipal de Inspección Técnica de Edificios (ITE) ao novo marco normativo, o que ademais permitirá ampliar os traballos de inspección e mantemento.











