Comeza a limpeza do camiño de San Roque en Cambados
O Concello vén de iniciar as obras de limpeza, explanación e acondicionamento do camiño de San Roque, ademais da apertura de zanxas para canalizar e encauzar as augas que se acumulan no trazado de terra deste vial que une a saída da rúa Castelao coa zona dos Olmos.
Estes traballos permitirán acondicionar o camiño, de maneira que os veciños da avenida da Pastora que conducen tractores poidan utilizalo a partir da vindeira primavera como alternativa despois da habilitación do sentido único na dirección do tráfico.











