Comeza a funcionar a Asociación de Veciños do Feal, en Narón, cunha festa de inauguración

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNarón
A-
A+

A directiva da Asociación de Veciños “O Feal- As Regueiras” presentarase públicamente ós veciños/as do barrio e do resto de Narón o vindeiro domingo 16 de febreiro ás 17:00 horas. A cita será no local social municipal que xa ocupaba a anterior asociación de Veciños de O Feal, situado na Estrada de O Feal –xunto á Taberna de O Feal-.

Está prevista a participación do Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e da Concelleira de Participación Cidadá, Catalina García. A presentación estará amenizada polo músico Lázaro, e ofreceranse aperitivos ós asistentes.

A nova agrupación veciñal foi constituída a finais de decembro de 2013, logo de que a asociación pasase varios anos sen ter xente ó seu fronte.

Composición da directiva da Asociación de Veciños de O Feal:

Presidente: Borja Barcia.

Vicepresidente: Margaret Vilas.

Secretaria: Raquel Lamas.

Tesorera: Mónica Vilas.

Vocais: Daniel Vilas, Juan Prados, Amador Vilas, Fernando López e Ana Belén Vilas.

A partires da vindeira semana, a AVV de O Feal abrirá o prazo de inscrición para participar nas seguintes actividades: Zumba, Bailes de Salón, Baile Galego, Gaita, Percusión, Informática, Pintura, Manualidades e Bolillos.

A cuota de socio está establecida en 12,50€ anuais. Os socios terán un desconto no prezo das actividades nas que desexen participar.

10 de febreiro de 2014 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.