Colisión múltiple en Redondela co resultado dunha muller ferida
Sobre as 22,40 horas do xoves aconteceu unha colisión múltiple na Avenida de Vigo no municipio pontevedrés de Redondela, que se saldou cunha muller de 59 anos ferida, que foi levada nunha ambulancia asistencial ao hospital vigués Castro Perpetuo Socorro.
O servizo de emerxencias indicou que se tratou dunha colisión con catro vehículos implicados e un camión que se deu á fuga. Un particular alertou do sinistro e indicou que un dos vehículos estaba a arder.
Acudiron efectivos dos bombeiros e do Grumir de Redondela, que finalmente, non chegaron a intervir tras confirmarse que non había atrapados nin ardía o vehículo.











