COGAMI-Deza desfilará no Entroido de Lalín

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLalín
A-
A+

O luns, 3 de marzo, ás 18:00 horas, un grupo formado por dezanove persoas usuarias e sete profesionais do centro de recursos de Medelo que ten a Confederación Galega de Persoas coan Discapacidade en Deza (COGAMI-Deza) vai participar no desfile de Entroido que organiza o concello de Lalín.

COGAMI-Deza vai participar no desfile na categoría de grupo e a temática que escolleron este ano é sobre as coñecidas larpeiradas de Lacasitos, onde irán caracterizados con moitas cores e algúns deles irán de bolsas.

A través deste tipo de actividades de lecer o que se pretende dende o movemento asociativo da discapacidade é darlle visibilidade ao noso colectivo, ademais de facelo partícipe da sociedade.

28 de febreiro de 2014 | 11:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.