Cley e Daniel Xesús coa selección galega sub-16 ao Campionato de España
Dous xogadores cadetes das categorías inferiores do Azkar Lugo FS, Cley e Daniel Xesús, foron convocados pola selección galega sub-16 para disputar o Campionato de España de fútbol sala de seleccións territoriais, dependente da RFEF, que nesta categoría sub-16 disputarase na localidade gerundense de Puigcerdá.
En total esta categoría divídese en catro grupos e só o primeiro de cada grupo clasificarase para a final four que reunirá ás catro mellores seleccións. No grupo que quedou encadrada Galicia, tamén se atopan Cataluña, Aragón e Valencia.
Para equiparar aos dous grupos de tres equipos existentes, a RFEF deseñou o método de competición de que nos dous grupos de catro equipos, se xogasen os mesmo número de partidos e tralo sorteo realizado a selección galega enfrontarase á de Galicia e Aragón.
Calendario:
– Sábado 22/02 – 10:00 horas: Galicia – Valencia (Pabellón Municipal de Puigcerdá).
– Domingo 23/02 – 12:00 horas: Galicia – Aragón (Pabellón Municipal de Puigcerdá).











