Clausura do curso de memoria da asociación de persoas maiores “Camiño Vello” de Marín
O 10 de febreiro de 2014 ás 20.00 h. celebrouse por parte da Asociación de persoas maiores, pensionistas e xubilados “Camiño Vello” de Marín e Comarca, a clausura do Curso de Memoria patrocinado pola Deputación de Pontevedra e que se impartiu a un total de 20 persoas no local que se emprega habitualmente para iso.
A esta clausura, ademais das persoas que asistiron ao curso, tamén o fixeron a alcaldesa María Ramallo e a delegada de Asuntos Sociais, Marian Sanmartín, invitadas por esta asociación, o mesmo que a súa directiva.
Despois da presentación que dirixiu o Presidente desta asociación, Antonio Conde Ríos, na que agredeu a presenza da señora alcaldesa e a señora delegada e a todos os alí presentes, fixo unha pequena memoria do que estes cursos supoñen para as persoas maiores. A continuación fixo uso da súa palabra a señora alcaldesa dirixíndose a todos os alí presentes agradecendo a súa invitación e a da delegada, valorando tamén a impartición destes cursos e dedicación deste colectivo pola labor que está facendo coas persoas maiores.
Unha vez terminada esta presentación, pasouse a degustar a merenda cea, á que tamén asistiron a señora Alcaldesa e a súa Delegada.
No transcurso da mesma, os alí presentes non tiveron máis que eloxios cara elas, tanto polo trato recibido como pola proximidade que transmitiron.











