Charla sobre “Os perigos de Internet e as redes sociais” na Casilla do Puntal en Neda
No marco do programa “Maior Seguridade” que promoven conxuntamente o Concello de Neda e a Garda Civil, a Casilla do Puntal albergará unha nova charla en materia de seguridade este mércores, 26 de febreiro. Neste caso, baixo o título “Os perigos de Internet e as redes sociais”. Impartida por persoal formador da Garda Civil, dará comezo ás seis do serán, con entrada libre e gratuíta.
A conferencia ten como obxectivo fundamental potenciar a máxima información sobre os principais perigos que hai detrás de Internet e a necesidade de protexer sempre a identidade e a privacidade persoal, moi concretamente as fotografías e vídeos, para evitar que chegue aos “ciberdelincuentes” ou “ciberacosadores”.











