Charla formativa sobre Alzheimer no Carballiño
A área municipal de Benestar, que dirixe a edil Purificación Alberte, organizou, xunto coa Fundación Barrié e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (FAGAL) unha charla no Carballiño, o próximo 18 de febreiro na casa da Cultura a partir das 19h. Nesta charla, expertos na materia, falarán sobre as demencias, que son e como inflúyen na vida das familias.
Esta charla está enmarcada dentro do proxecto REDE PARAUGAS, unha das 15 planificadas en toda Galicia, pretende achegar información sobre as demencias á poboación do rural galego para fomentar a creación de grupos de familiares e redes de apoio mutuo.
As seguintes fases deste proxecto buscan pór en marcha cursos de formación e talleres de memoria baixo a experiencia das asociacións de familiares que xa están máis asentadas no territorio galego.











