CESGA e Concello de Santiago colaborarán en prol dunha cidade intelixente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+
Ángel Currás na visita a Cesga

Ángel Currás na visita a Cesga

O alcalde compostelán, Ángel Currás, realizou unha visita institucional ás instalacións da Fundación Pública Galega Centro Tecnolóxico de Supercomputación de Galicia (CESGA). Acompañaron ao rexedor municipal nesta visita o presidente do CESGA e director da Axencia Galega de Innovación, Manuel Varela Rey, e o director xerente da Fundación, Javier García Tobío. O presidente e o director xerente do CESGA presentáronlle ao alcalde as actividades do centro. A continuación, participaron nunha visita guiada polo centro de procesamento de datos e polo FinisTerrae, infraestrutura científico tecnolóxica singular do Estado xestionada polo centro.

O alcalde apuntou que o CESGA é “un recurso fundamental para as universidades e para Galicia”. Así, “ademais de permitir o avance en materia de ciencia e tecnoloxía, este centro pode permitir a monitorización de aspectos claves no funcionamento da cidade, na liña do que dende o Concello pretendemos co proxecto SMART iAgo”, dixo. Cómpre lembrar que esta iniciativa ten como obxectivo principal formular solucións tecnolóxicas orientadas á xestión e á resolución da problemática específica das cidades Patrimonio da Humanidade nos seus centros históricos.

Por iso, indicou que se “abre a colaboración inmediata na modernización do sistema de cidade e dos servizos públicos” e considerou “decisivo que dende a Administración local tamén poidamos facer uso destes recursos”.

3 de febreiro de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.