Cervo entrega entre a veciñanza preto de 80 árbores a través dun pedido conxunto impulsado por Medio Ambiente

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCervo
A-
A+
Entrega das árbores

Entrega das árbores

O Concello de Cervo fixo entrega este mediodía das árbores solicitadas pola veciñanza a través dun pedido conxunto impulsado pola delegación de Medio Ambiente. En total foron 80 as plantas solicitadas polos cervenses.

Con esta medida, Medio Ambiente pretende animar á cidadanía a plantar árbores e a crear pequenas plantacións domésticas, poñendo especial énfase na promoción das árbores autóctonas. Desta maneira, as persoas que o desexaron puideron beneficiarse das vantaxes e facilidades de participar nun pedido colectivo fronte a un individual.

A oferta de árbores era de ata 125 especies diferentes, moitas delas autóctonas. Neste primeiro encargo, as plantas máis solicitadas foron froiteiros, especialmente maceiras, e tamén castiñeiros e freixos.  

A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, valorou moi positivamente este iniciativa, que na súa primeira edición tivo unha boa acollida. A intención da administración local é poñer en marcha novas campañas de adquisición de árbores para “contribuir a diversificar las especies que proliferan en las propiedades de los vecinos, e intentando transmitir la importancia de decantarse por árboles autóctonos”, ao igual que está facendo o Concello nos terreos de titularidade municipal a través do seu proxecto de reforestación.  

7 de febreiro de 2014 | 16:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.