Cedeira contará cun desfile con premios para os mellores disfraces, verbena e festa infantil no Entroido 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeira
A-
A+

Cedeira festexará o Entroido por partida doble. Así, segundo avanzou a Concellería de Cultura, o programa desenvolveráse en dúas xornadas. Veciños e veciñas teñen unha primeira cita o sábado 1 de marzo, co tradicional desfile de disfraces e carrozas. Dará comezo ás cinco da tarde, con punto de partida na Avenida de Castelao, á altura do establecemento Saint Tropez. Tomará dirección ao casco vello e rematará no Parque do Sagrado Corazón, onde se procederá á entrega de premios aos mellores disfraces. Xa a medianoite, o Concello de Cedeira organiza unha gran verbena coa orquestra Assia. E, segundo explica a Concellería de Cultura, habilitaráse unha carpa para garantir a festa e evitar cancelacións a causa da choiva.

O luns, 3 de marzo, os máis pequenos da casa terán todo o protagonismo. Así, no mesmo Parque do Sagrado Corazón, a partires das 17 horas, dará comezo un Baile infantil no que non faltará a música nin os xogos guiados por monitores.

17 de febreiro de 2014 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.