Cecotran organiza misións empresariais a Guinea Ecuatorial e Ecuador

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGalicia exteriorLocal PortadaVigo
A-
A+

Os presidentes das asociacións empresariais integrantes de Cecotran, primeira asociación empresarial transfronteiriza da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, acordaron realizar este ano dúas misións empresariais conxuntas, que terán como destinos Guinea Ecuatorial e Ecuador.

Así o confirmou António Marques, presidente de Cecotran e da Associaçao Industrial do Minho (AIMinho), tras unha reunión de traballo mantida hoxe na Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP). Ao encontro asistiron, ademais de Marques, o presidente da CEP, Luís Novoa Díaz; o da Associaçao Empresarial de Viana do Castelo (AEVC), Luís Ceia, e o da Confederación de Empresarios de Ourense (CEO), Jose Manuel Pérez Canle.

Outra das iniciativas que quedou perfilada foi a celebración dunha Xornada sobre cooperación intelixente, empresa e emprendimiento na área transfronteiriza, que se celebrará o 26 de marzo, en Vigo. Neste caso, a CEP é a encargada de organizar esta actividade, coa colaboración de Novagalicia Banco. Entre outros obxectivos, preténdese fomentar o emprendimiento na Eurorrexión.

Ao longo da reunión tamén se debateron as perspectivas financeiras da UE 2014-2020 na vertente empresarial e propuxéronse outras iniciativas que se impulsarán ao longo deste ano.

Cabe lembrar que os socios integrados en Cecotran (Aiminho, AEVC, CEP e CEO), están aliñados no deseño de proxectos de cooperación transfronteiriza, co fin de lograr financiamento en Bruxelas que contribúan ao desenvolvemento da Eurorrexión.

Finalmente, anunciouse a celebración da Asemblea Xeral de Cecotran, na que se dará conta destas iniciativas e outros proxectos e actividades. Terá lugar en Braga o próximo 6 de maio

21 de febreiro de 2014 | 16:53 • Sen comentarios

Comentarios pechados.