CEC e Meliá Hotels impulsan a responsabilidade social empresarial
A Confederación de Empresarios da Coruña e a cadea Meliá Hotels International pretenden dar un impulso á responsabilidade social empresarial (RSE) como aposta polo desenvolvemento sustentable, non só desde un punto de vista ambiental, senón económico e social. Para iso, organizan mañá, venres, 21 de febreiro, un encontro sobre responsabilidade social empresarial, no que distintos axentes económicos sociais porán en común as súas experiencias e os seus procedementos sobre ferramentas e recursos destinados á integración da responsabilidade social nas empresas.
O encontro terá lugar nos salóns do Hotel Meliá María Pita (Avenida Barrié da Maza, 1), na Coruña, a partir do dez da mañá. Será inaugurado polo presidente da patronal coruñesa, Antonio Fontenla Ramil, e polo director xeral de Traballo e Economía Social, Odilo Martiñá Rodríguez.
Programa da Xornada
10.30 horas: Observatorio permanente de responsabilidade social empresarial da Xunta de Galicia, por María Coutinho Villanueva, subdirectora xeral de Traballo.
12.00 horas: mesa debate sobre experiencias empresariais en materia de RSE, coa participación de Tomás Franquet, manager CSR de Corporate Alliances Meliá Hotels International; Antonio Cortés, director de mercadotecnia de Gadisa; José Antoniuo Vázquez, presidente de Cegasal; Andrés Guerra, xefe do Departamento de Sustentabilidade da Autoridade Portuaria da Coruña, e María Castro, asesora en Parga Fernández Asociados, S.L.
13.15 horas: encontro con ong’s e entidades para o terceiro sector para o intercambio de experiencias, a cargo de Myriam Garabito, vicepresidenta de Unicef Galicia; María Paz, de Solidariedade Internacional de Galicia, e Mary Gómez García, axente de emprego de Cruz Vermella.
A asistencia ao acto é gratuíta pero requírese inscrición, xa que o aforamento é limitado. As inscricións a través do 981 13 37 02 ou a través do correo electrónico responsabilidad.social@cec.es.











