Castrelo de Miño promociona en Xantar as festas gastronómicas e as adegas e viños do municipio
O concello de Castrelo de Miño acude á feira Xantar que se celebra en Expourense entre o 5 e o 9 de febreiro.
Cun stand promocional propio promocionará as principais festas gastronómicas de Castrelo de Miño, con degustacións gratuitas ás 12:30 horas dos produtos de Castrelo de Miño, maridados cos viños do Ribeiro das adegas de Castrelo de Miño.
– Así o venres 7 será o día da Festa da Anguía de Barral
– O sábado 8 a festa da Codorniz de Cortiñas
– O domingo 9 a festa da Rosquilla das Bouzas.
Cada un destes días haberá unha degustación dos produtos elaborados polas propias comisións de festas que colaboran activamente co concello neste evento promocional.
E todo isto, maridado cos viños de 12 adegas do Ribeiro de Castrelo de Miño.
Este ano 2104 será a terceira ocasión na que asista con este formato o concello de Castrelo de Miño, visto o éxito acadado os pasados anos. As adegas e as comisións de festas consideraron que este é un evento promocional que axuda á difusión das festas gastronómicas e dos viños das adegas de Castrelo de Miño.
Nesta colaboración a tres bandas, o concello faise cargo dos custes do stand e máis do material promocional, as comisións de festas colaboran aportando e elaborando o seu produto, e as adegas achegan o seu viño.