Carballo acolle a presentación da segunda edición de “Costa da Morte, un país de sueños y naufragios”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

O venres 7 de febreiro ás 20.30 horas será presentada na Libraría Ler de Carballo (rúa Tarragona, 19, esquina rúa Xirona) a segunda edición do libro “Costa da Morte, un país de soños e naufraxios” de Rafael Lema, editada polo Grupo de Acción Costeira Gac3 Costa da Morte. Na cita estará presente o propio autor, representantes do Gac 3 e da Real Liga Naval Española, entidade á que pertence o escritor. De feito o delegado en Galicia e membro do consello nacional da Real Liga Naval Española José Manuel Pato González será o encargado da presentación. Na obra recóllese a historia e anecdotario de 454 barcos naufragados na Costa da Morte, desde o século XIV até os nosos días, con numerosas fotos e gravados, ademais de incorporar anexos con temas de interese relacionados co mundo do mar. Os asistentes ao acto recibirán un exemplar do citado libro de agasallo. A primeira edición esgotouse aos poucos meses polo que a directiva decidiu a impresión dunha nova remesa. Nos próximos meses o libro será presentado noutras localidades, como Camariñas, Boiro, Santiago de Compostela, Santander ou Madrid.

6 de febreiro de 2014 | 19:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.