Cangas presenta a “Festa do Cocido de Lalín”
Mañá venres día 14 de febreiro Cangas acollerá a presentación da “XLVI Festa do Cocido de Lalín” que se terá lugar o día 23 de febreiro en conmemoración do aniversario do celebre pintor “Laxeiro”.
Estaba previsto que esta presentación se celebrase a pasada semana pero por mor do mal tempo decidiuse trasladala a este venres.
O acto dará comezo ás 12.50 horas no peirao de Cangas, onde os asistentes subirán a un barco de pasaxe onde terá lugar a presentación desta popular festa a cargo do alcalde de Lalín José Crespo; o rexedor local José Enrique Sotelo; o concelleiro de Turismo de Lalín José Antonio Rodríguez e demais membros das corporacións locais. Tamén asistirá o vicepresidente da Deputación de Pontevedra Chema Figueroa e a directora xeral da Axencia Galega de Turismo Nava Castro.
Estaba previsto que os asistente desprazasen ata o entorno das Illas Cíes para levar a cabo a presentación , pero a consecuencia das previsións de temporal que se anuncian para mañá, esta terá lugar no barco atracado no peirao.
Unha vez rematado o acto, os asistentes poderán degustar unha mostra deste tradicional prato da gastronomía galega nun coñecido restaurante local. O cocido será elaborado polo cociñeiro lalinense Alex Iglesias do restaurante Cabanas, con ingredientes naturais da capital da comarca do Deza.











