Campionato Ibérico XVIII Regata de Primavera na ría de Vigo

PUBLICADO EN: Noticias de Galicia ► Deportes ► Vigo ▼
A-
A+

XVIII Regata de Primavera 25, 26 e 27 de abril 2014
CLASES LASER ESTÁNDAR, RADIAL, 4.7 e OPTIMIST, A ,B ,C
CLASIFICATORIA LASER E AUTONOMICA OPTIMIST
VII TROFEO GRANITOS IBERICOS celebrarase na Ría de Vigo os días 25, 26 e 27 de abril de 2014 co apoio da Real Federación Española de Vela e a Federación Portuguesa de Vela, sendo organizada polo CLUB MARITIMO DE CANIDO e a Federación Galega de Vela de acordo coas Secretarías Autonómicas das clases Laser e Optimist.

REGRAS APLICABLES
a) Regulamento de Regatas a Vela (2013- 2016).
b) As Prescricións da RFEV.
c) As Regras das Clases Laser e Optimist.
d) Regulamento de Competicións da RFEV
e) As Instrucións de Regata.
f) O Anuncio de Regata.

CLASES QUE PARTICIPAN: O VII TROFEO GRANITOS IBERICOS estará reservado ás embarcacións das clases Laser Estándar, Radial, 4.7 e Optimist A, B e C.

4 de febreiro de 2014 | 12:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.